Sempre foches ti.

Sempre foches ti.

Coas zapatillas J'Hayber brancas, salpicadas pola base con folerpas de merda e lodo, coma pequenos bicos que reptan ollando o ceo. Os teus andares paseniños como os pasos dunha monxa. Deixácheslle o teu turno a ese home tan noxento que nin para saudar mirábate. Nin sequera saudou. Pero a tua man ao abrirse indicando o seu lugar semellaba a presentación dun mago, e en calquera intre sairían bolboretas, pombas, xoaniñas e escornapitos.

Outro que entrou quíxote obviar e mirándome buscaba a súa expiación. E logo? Téñome que quedar fora esperando? espetou. Pero ti botaches media cacha do cu fora do asento, como facéndolle sitio. O fulano marchou, bufando, fora. Que lle dean. Vai o carallo, pensei. Ti non deixaches de sorrir.

E tocouche. E falabas con aquela muller con palabras tan agarimosas que a xente doíalle. Cando fomos tan toxos?

Pasou media hora. Mira ti en qué cousas voume fixar mentres espero para cambiar unha factura da lus.

Comentarios

Entradas populares